Choupíns guisados

22 Oct 2021 - rodrigo

Dos choupíns teño dúas receitas tradicionais. Unha probeina en Escairón a principios dos 90, un simple guiso de touciño, cebola e cogomelos. Trinta anos máis tarde, un veciño da aldea de A Campa (Folgoso do Courel) deulle una zarrota aos meus fillos e explicou como o comían eles: poñendo boca arriba sobre as brasas e cunhas pedriñas de sal, sen nada máis.

Ingredientes

Preparación dos choupíns

  1. Cortaen anacos miúdos todos os ingredientes.
  2. Quence o touciño até que comece a soltar a gordura.
  3. Engade as cebolas e remexe até que estean transparentes.
  4. Engade os cogomelos e remexe durante media hora até que estean moi cocidos.
  5. Corrixe de sal e serve.