Bacallau con broa

08 Feb 2022 - rodrigo

Que triste é que neste país sexa máis sinxelo comer un tiradito de corvina que un bacallau con broa. Cantas receitas tradicionais e de sabores familiares son capaces de sorprender?

Ingredientes

Preparación do bacallau

  1. Desfai nun bol a broa e engade auga salgada pouco a pouco até facer unha pasta mesta cunha textura similar á da masa de empanada de millo.
  2. Fai unha cebolada co aceite e as cebolas.
  3. Mentras tanto, coce durante 10 minutos as patacas até que fiquen case feitas e tamén coce aparte os grelos.
  4. Cobre unha fonte coa cebolada, coloca o bacallau enriba e cobre este con anaquiños de pasta de broa como se fora un streusel.
  5. Coloca as patacas arredor do bacallau.
  6. Rega patacas e broa con o aceite de facer a cebolada e mete nor forno quente até que o bacalleu estea listo (uns 20-25 minutos).
  7. Fai unha allada so con allo e aceite e bota sobre os grelos.
  8. Serve o bacallau, acompañado da fonte de grelos.