Migas à alentejana

15 Feb 2022 - rodrigo

Se a Península Ibérica ten, máis ou menos, tres zonas lingüísticas que van de norte a sur (galego-portugués, español e catalán), non acontece o mesmo con os estilos culinarios, onde unha raia que nace no Baixo-Minho, pasa por Tras-os-Montes, Asturias, Cantabria, e remata en Euskadi, divide a península en dous bandos: os dos alimentos cocidos fronte ao guisos en aceite.

Estas migas son do sur desa raia, do Alentejo, mais poderían ser malagueñas. Esta receita é unha pequena adaptación á galega.

Ingredientes para 4 persoas

Preparación

  1. Bota un vaso de auga no pan e amasa. Vai engadindo auga pouco a pouco e amasando até obter unha textura coa que sexa fácil formar unha torta.
  2. Frite a zorza nun pouco de aceite. Pon atención e non a cozas moito para non quede seca.
  3. Retira a carne e deixa un pouquiño de aceite no fondo (reserva o aceite que sobre).
  4. Fai unha tortilla con a masa de pan e doura polos dous lados. Bota un pouco do aceite que sobrou se ves que o precisa.
  5. Coloca nunha prata e desfruta.