Bacalhau à Gomes de Sá

13 Jan 2022 - rodrigo

Poucas cousas me pide o meu pai. Esta receita foi unha delas. Supoño que significa que é moi boa. Ademáis, é sinxela.

Ingredientes

Preparación do bacallau à Gomes de Sa

  1. Ferve o leite, mete o bacallau e deixa repousar media hora.
  2. Coce os cachelos enteiros, deixa arrefriar e corta en toros medianos.
  3. Frite a cebola até que fique lixeiramente dourada.
  4. Mentras, quita a pel e espiñas ao bacallau, tentando deixalo en lascas grandes.
  5. Mestura nunha bandexa a pataca, a cebola, o bacallau e os ovos cortados en cuartos.
  6. Engade 4 ou 5 culleradas do leite usado para escaldar o bacallau
  7. Engade 3 culleradas do aceite de fritir as cebolas.
  8. Bota por enriba pirixel picado e aceitunas negras cortadas
  9. Coce en forno quente durante 20 minutos.