Gofres

21 Oct 2021 - rodrigo

Esta masa é moi sinxela. So hai dous trucos:

A masa non hai que amasala moito e o azucre, manteiga e fermentación longa danlle moito sabor á masa. Non é a receita máis lixeira do mundo, pero a larpeirada ocasional non fai mal a ninguén. Se non es conservador, podes baixar á metade a cantidade de azucre e botar bocartes salgados, aceitunas pretas e tomate deshidratado en anaquiños para facer gofres salgados.

Ingredientes

Preparación dos gofres

  1. Mesturar todo, agás o azucre perlado, nun bol e amasar até obter unha masa homoxénea.
  2. Deixar repousar 15 minutos e darlle outro amasado suave.
  3. Se usas o azucre perlado, mesturar e darlle un amasado de 2 minutos para distribuir os anacos de azucre.
  4. Facer unha bola e levedar toda a noite no exterior, se fai fresquiño. Durante os meses cálidos, levedar 12 horas na neveira e sacar 2 horas antes de facer os gofres.
  5. Quencer a gofreira e pór a masa sobre ela. Cociñar uns minutos até que estea dourado.