Roti John

02 Feb 2022 - rodrigo

O roti john e un sanduíche de Singapur. Eu calificaríao como porcallada gourmet porque tira á fritanga, pero coa cabeza alta. Preparalo pode levar uns 3 minutos, uns dos motivos polos que o preparo moitas mañás xunto con o café.

Ingredientes

Preparación do roti john

  1. Cociña a carne nun pouco de aceite até que estea branca.
  2. Engade a cebola, sube o lume e cociña até que estea dourada.
  3. Baixa o lume e engade o curri. Remexe.
  4. Abre o pan pola metade.
  5. Bota un ovo mexido por enriba da mestura de carne, cebola e curri.
  6. Cobre co pan aberto e deixa callar o ovo.
  7. Saca da tixola (eu uso un prato, como se virara unha tortilla) e condimenta co teu mollo agridoce escollido.

O curri que eu uso habitualmente é este Curri de Madrás, da empresa galega 1001especias. Coidan bastante o produto, sen usar aditivos baratos que aumentan o volumen das mesturas (o sal e a fariña, entre eles).

O mollo agridoce que eu uso é este que fago na casa: fago un puré con medio pemento vermello, unha ou dúas malaguetas, 2 dentes de allo e 1 anaco de xenxibre do tamaño dun croque. Cozo nunha mestura de auga e vinagre e 2 culleradas de azucre. Tras 5 minutos, boto auga disolta en maicena para que engorde. Consérvase ben durante un mes na neveira.