Boi con chili

30 Jul 2021 - rodrigo

O boi é un bicho aburrido que gaña con este mollo carregado de especias. Este prato é un dos máis representativos de Singapur, cidade de culinaria mestiza de chineses, malaios, indios e europeos.

Non é un prato axeitado para primeiras citas porque hai que coller os anacos de mariscos bañado en mollo vermello e chuchar neles.

Ingredientes

Preparación do chilli crab

  1. Mete o boi 45 minutos no conxelador e logo parte en anacos.
  2. Fai unha pasta coas malaguetas, allo, xenxibre, cebola e aceite e refoga nunha tixola até alourar lixeiramente.
  3. Engade os anacos de boi agás a cuncha e carne que ten dentro e cociña un minuto.
  4. Engade a cullerada de fabas fermentadas. Se non tes, unha cullerada de soia, pero paga a pena achegarse a un súper chinés a comprar doubanjiang (豆瓣酱) ou, se o hai, tauco (豆醬). Remexe durante 3 minutos.
  5. Engade a auga e espera a que ferva.
  6. Engade ketchup, azucre e sal.
  7. Cando ferva, coloca a cuncha do boi enriba, tapa e deixa ferver 10 minutos.
  8. Mestura a maicena e 2 culleradas de auga e bota na pota. Remexe e espera a que engorde o mollo.
  9. Engade dous ovos mexidos, dá unhas voltas e listo.

Cómese mollando pan chinés ao vapor fritido.