Vin de aló

31 Mar 2023 - rodrigo

Tras un fracasado pork pie de 2 kg o Nadal pasado (non foi capaz de aguantar o seu propio peso), sobrábame 1 kg de lacón fresco ao que tinha que dar saída. Nunha reviravolta culinaria, a receita de vinha d’alhos, que Maria de Lourdes Modesto atribúe á zona do Baixo Minho, de onde viaxou a Goa transformándose en vindaloo, seguíu até Hawaii onde recuperou o seu nome e receita orixinal, trouxen de novo a Gallaecia cunhas adaptacións

Ingredientes

  1. Deixar a carne no adubo durante toda a noite.
  2. Ao día seguinte, cocer todo a lume baixo, ben tapado, durante unha hora. Se fica seco nos primeiros 45 minutos (dependerá do hermética que sexa a tapa da túa pota e do que entedas por lume baixo), bota 3 ou 4 culleradas de auga.
  3. Ao final da cocción terás que remexer continuamente para dourar a carne uniformemente.

Eu probeino con arroz e unha salada. Moi simple, pero de sabor potente. Non te asustes pola cantidade de vinagre. Ademáis, casa moi ben co porco.