Choupíns guisados
Dos choupíns teño dúas receitas tradicionais. Unha probeina en Escairón a principios dos 90, un simple guiso de touciño, cebola e cogomelos. Trinta anos máis tarde, un veciño da aldea de A Campa (Folgoso do Courel) deulle una zarrota aos meus fillos e explicou como o comían eles: poñendo boca arriba sobre as brasas e cunhas pedriñas de sal, sen nada máis.
Ingredientes
- 2 kilos e medio de choupíns
- Medio kilo de cebolas
- Medio kilo de touciño
Preparación dos choupíns
- Cortaen anacos miúdos todos os ingredientes.
- Quence o touciño até que comece a soltar a gordura.
- Engade as cebolas e remexe até que estean transparentes.
- Engade os cogomelos e remexe durante media hora até que estean moi cocidos.
- Corrixe de sal e serve.