Bacalhau à Gomes de Sá
Poucas cousas me pide o meu pai. Esta receita foi unha delas. Supoño que significa que é moi boa. Ademáis, é sinxela.
Ingredientes
- 1/2 kg de patacas medianas con pel
- 1 l de leite enteiro
- 1/2 kg de bacallau desalgado
- Aceite suave
- 1/2 kg de cebolas cortadas finas
- 3 ovos cocidos
- Pirixel
- Aceitunas negras
Preparación do bacallau à Gomes de Sa
- Ferve o leite, mete o bacallau e deixa repousar media hora.
- Coce os cachelos enteiros, deixa arrefriar e corta en toros medianos.
- Frite a cebola até que fique lixeiramente dourada.
- Mentras, quita a pel e espiñas ao bacallau, tentando deixalo en lascas grandes.
- Mestura nunha bandexa a pataca, a cebola, o bacallau e os ovos cortados en cuartos.
- Engade 4 ou 5 culleradas do leite usado para escaldar o bacallau
- Engade 3 culleradas do aceite de fritir as cebolas.
- Bota por enriba pirixel picado e aceitunas negras cortadas
- Coce en forno quente durante 20 minutos.