Bacallau con broa
Que triste é que neste país sexa máis sinxelo comer un tiradito de corvina que un bacallau con broa. Cantas receitas tradicionais e de sabores familiares son capaces de sorprender?
Ingredientes
- 2 postas grosas de bacalhau desalgado
- 1 anaco grande de broa
- 2 cebolas grandes cortadas finamente
- 1/2 kg de patacas pequenas redondas
- Grelos
- Allos
- Aceite
Preparación do bacallau
- Desfai nun bol a broa e engade auga salgada pouco a pouco até facer unha pasta mesta cunha textura similar á da masa de empanada de millo.
- Fai unha cebolada co aceite e as cebolas.
- Mentras tanto, coce durante 10 minutos as patacas até que fiquen case feitas e tamén coce aparte os grelos.
- Cobre unha fonte coa cebolada, coloca o bacallau enriba e cobre este con anaquiños de pasta de broa como se fora un streusel.
- Coloca as patacas arredor do bacallau.
- Rega patacas e broa con o aceite de facer a cebolada e mete nor forno quente até que o bacalleu estea listo (uns 20-25 minutos).
- Fai unha allada so con allo e aceite e bota sobre os grelos.
- Serve o bacallau, acompañado da fonte de grelos.