Migas à alentejana
Se a Península Ibérica ten tres zonas lingüísticas que van de norte a sur (galego-portugués, español e catalán), non acontece o mesmo con os estilos culinarios, onde unha raia que nace no Baixo-Minho e pasa por Tras-os-Montes, Asturias, Cantabria para rematar en Euskadi, divide a península en dous bandos: os dos alimentos cocidos fronte ao guisos en aceite.
Estas migas son do sur desa raia, do Alentejo, mais poderían ser malagueñas (similares na técncia ás sopas jervías) . Esta receita é unha pequena adaptación á galega, onde uso zorza.
Ingredientes para 4 persoas
- 1/2 kg de zorza
- 2 laranxas grandes cortadas en cubos
- 1/2 kg de pan reseso cortado en fatias
Preparación
- Bota un vaso de auga no pan e amasa. Vai engadindo auga pouco a pouco e amasando até obter unha textura coa que sexa fácil formar unha torta.
- Frite a zorza nun pouco de aceite. Pon atención e non a cozas moito para non quede seca.
- Retira a carne e deixa un pouquiño de aceite no fondo (reserva o aceite que sobre).
- Fai unha tortilla con a masa de pan e doura polos dous lados. Bota un pouco do aceite que sobrou se ves que o precisa.
- Coloca nunha prata e desfruta.