A empanada de escacho (ou rubio) foi —seica— un clásico vigués. Non a vin nunca nun menú, senon que escoitei falar dela como “a empanada favorita do meu pai” a un par persoas.

Por falta de receitas familiares, fiz como crin que había estar máis rica: con filetes con pele.

Ingredientes

  • 1 escacho de 1 kg
  • 1 kg de cebolas cortadas finas
  • 1 vaso de aceite suave
  • 1/2 kg de fariña
  • sal
  • auga

Preparación

  1. Bota o aceite, a cebola e un pouco de sal nunha tixola e doura pacientemente a lume medio. Ten paciencia porque podes botar 45 minutos.
  2. Retira medio vaso de aceite. Bota sobre a fariña, engade medio vaso de auga e mestura coas mans. Se a masa estiver seca, bota un pouco máis de auga. Non amases moito, so mestura até que non fiquen restos de fariña seca.
  3. Corta a masa en dous anacos, un lixeiramente máis grande que o outro.
  4. Estira o trozo máis grande cun rolete de cociña até deixalo moi fino.
  5. Coloca a masa sobre unha bandexa de forno.
  6. Bota a cebola dourada e coloca por enriba anacos xenerosos de peixe.
  7. Estira o outro anaco de masa, pecha ben os bordes.
  8. Fai un furado no medio e coloca un anel de massa arredor.
  9. Fai tiras de masa e coloca sobre a empanada. Isto evitará que a masa fique abombada.
  10. Pinta toda a empanada con ovo.
  11. Mete no forno a 200º durante 35-40 minutos.