Vin de aló
Tras un fracasado pork pie de 2 kg o Nadal pasado (non foi capaz de aguantar o seu propio peso), sobrábame 1 kg de lacón fresco ao que tinha que dar saída. Cunha volta completa arredor do mundo, a receita de vinha d’alhos, que Maria de Lourdes Modesto atribúe á zona do Baixo Minho, de onde viaxou a Goa transformándose en vindaloo e seguíu até Hawaii onde recuperou o seu nome, volve á miña casa cunhas pequenas adaptacións.
Ingredientes
- 1 kg de lacón fresco en anacos grandes.
- 3 cravos de cheiro
- 2 follas de loureiro
- 6 dentes de allo.
- 2 malaguetas
- Medio vaso de vinagre
- Sal
- Aceite
- Deixar a carne no adubo durante toda a noite.
- Ao día seguinte, cocer todo a lume baixo, ben tapado, durante unha hora. Se fica seco nos primeiros 45 minutos (dependerá do hermética que sexa a tapa da túa pota e do que entedas por lume baixo), bota 3 ou 4 culleradas de auga.
- Ao final da cocción terás que remexer continuamente para dourar a carne uniformemente.
Eu probeino con arroz e unha salada. Moi simple, pero de sabor potente. Non te asustes pola cantidade de vinagre: vaille moi ben ao porco.