O truco desta receita e non ter medo coa cebola. Pode que cando teñas os ingredientes diante, penses que é demasiada. Non, nunca o é.

Ingredientes

  • 3 kg costeletas de porco moi gordas
  • 4 cebolas grandes cortadas finas
  • 2 follas de loureiro
  • 1 folla de xarxa (opcional)
  • Sal
  • Pementa
  • Aceite
  • Manteiga
  1. Doura as chuletas nunha mestura de aceite e manteiga.
  2. Bota sal e pementa e reserva e doura as cebolas até que teñan unha cor marron escuro.
  3. Coloca unha camada de cebolas nunha asadeira, as costeletas, o resto da cebola, a folla de xarxa picada e un par de follas de loureiro enteiras.
  4. Cubre a asadeira con papel de aluminio e cociña no forno durante 35 minutos.

Acompaña con cachelos, arroz branco ou algún puré.