Stunned by soup: mulligatawny
Parafraseando a Jerry Seinfeld, ao probar esta sopa “you will be stunned”. Stunned by soup? Hell, yeah.
Ingredientes
- Aceite suave
- Manteiga
- 1 cebola grande picada
- 1 apio picado
- 1 dente de allo picado
- 1 anaco de xenxibre picado
- 1 mazá áceda e de carne dura, picada (tipo de espiño ou tipo duraza)
- 1 cenoura
- 1 cullerada xenerosa de curri
- 1 cullerada xenerosa de fariña
- 0,1, 2 ou 3 malaguetas
- 1,5 litros de caldo de polo ou auga
- 3 culleradas de concentrado de tomate
- 2 Zancos de polo sen oso e sen pel, en anacos
- Media cunca de leite de coco
- Zume de medio limón
- Sal e pementa
- Nunha pota alta, pasar por unha mestura de aceite e manteiga as cebolas e o apio. Uns 10 minutos.
- Engade o dente de allo, xenxibre, mazá, cenoura e cociña outros 5 minutos
- Engade o curri, a fariña e tantas malaguetas como queiras. Un pouco de comiño extra non lle senta mal. Remexe un par de minutos.
- Engade o caldo e deixa cocer a lume medio durante 20 minutos.
- Tras eses 20 minutos, engade o polo en anacos e coce outros 20.
- Tras eses 20 minutos, engade o leite de coco e coce 5 minutos.
- Bota zume de limão, sal e pementa ao gusto.
- Servir, comer.
Podes cocer un pouco de arroz e botalo na sopa. Ou podes cocelo nela nos últimos 15 minutos. Se non queres arroz, non o fagas.
Se non tes leite de coco, bota un iogur ou nata para que a sopa colla corpo.