Sendo estudante na Universidade de Santiago tiven a sorte de coñecer a moita xente marabillosa. Entre elas, estaba Diego, cuxa nai facía o mellor curry que tivera probado até ese momento. Sempre había un bote de chutney de mango da marca Sharwoods para acompañar. Isto acontecía a mediados dos 90, onde a sección de ingredientes exóticos do supermercado limitábase á mostarda de Dijon e o mollo Worcestershire (gusteshe sos).

Esta é unha desas receitas prácticas que non mancha máis que unha pota, unha táboa, un coitelo e unha culler, que podes facer facilmente en grandes cantidades e conxela moi ben.

Ingredientes

  • Manteca cocida de vaca (aka ghee) ou aceite barato (o sabor non se vai notar con tanta especia)
  • 3 cebola medianas cortadas en tiras
  • 3 dentes de allo
  • Un anaco de xenxibre fresco picado (en volume, a mesma cantidade que de allo)
  • 1/2 cullerada de sal
  • 4 culleradas xenerosas da teu masala favorito. Eu uso o curry de Madrás de 1001 especias (empresa galega que vende especias de moita calidade)
  • 1 kg de tomate triturado
  • Catro zancos de polo cortado en anacos 8 anacos cada un

Preparación

  1. Poñer a manteca ou o aceite nunha pota grande e cando estea quente, engadir a cebola. Deixa que se faga a cebola a lume medio até que as pontas comecen a torrarse.
  2. Engade o allo e o xenxibre e deixa que se fagan un par de minutos.
  3. Engade o masala e a sal e remexe durante un minuto.
  4. Engade o polo e da unhas voltas. Din por aí que é para que se impregne das especias, pero non teño moi claro que serva para algo.
  5. Engade o tomate triturado e remexe. Deixa que se faga a lume medio durante 30 minutos, remexendo de cando en vez.
  6. Cando o aceite comece a se separar do tomate, o curry estará listo.

Observações

Hai que ser moi xeneroso co masala. Non so engade sabor: tamén dalle textura.

Acompaña con arroz cocido, sen allo nin aceite. Proba tamén unha salada de cebola crúa, limón e sal.