Máis que unha receita, é unha mestura de ingredientes de outono co salgado da salchicha, o doce da cabaza e a cebola, un pouco de acidez do viño branco e o umami dás ándoas.

Ingredientes

  • Un pouco de aceite
  • Unha cebola cortada fina
  • 4 salchichas frescas
  • 250 gramos de cabaza
  • Medio vaso de viño branco
  • 100-250 gramos de cogumelos silvestres, preferentemente ándoas ou cacaviñas
  • Sal, pementa e aceite suave.
  1. Doura a cebola.
  2. Engade a cabaza cortada en anacos e coce a lume medio-baixo uns 5 minutos.
  3. Bota as salchicas e sube o lume. Remexe continuamente.
  4. Cando as salchichas collan algo de cor, deita o viño branco na pota.
  5. Tapa e deixa cocer uns 10-15 minutos. Se ves que queda seco, engade 1/4 de copo de auga.
  6. Cando a cabaza estea tenra, engade os cogumelos e cociña brevemente durante un minutos.
  7. Rectifica o tempero con sal e pementa.
  8. Serve moi quente e un pouco dalgún queixo curado de vaca, mellor que de ovella e, definitivamente, que de cabra.