É sorprendente a transformación do porco cocido en xugo de cebola, allo e xenxibre. O resultado é un guiso de aspecto moi apetitoso e un arrecendo moi penetrante. Excelente.

Ingredientes

  • 1 kg de carne de porco cortada en cubos grandes. Eu uso sempre lacón ou agulla.
  • 3 cebolas
  • 10 dentes de allo
  • 1/2 cunca de xenxibre cortado en anacos grandes
  • 1-4 malaguetas (ao gusto)
  • 1/2 culler de cúrcuma
  • Medio vaso de aceite de sabor neutro como de colza ou cacahuete
  • 1/4 de cunca de aceite de sésamo
  • Sal
  1. Fai un puré con as cebolas, allos, xenxibre e malagueta.
  2. Pasa o puré a un coador e preme cunha culler para extraer un puré máis fino. Reserva os restos sólidos.
  3. Coce o porco, o puré durante, sale e a metade do aceite durante 40 minutos, até que o aceite comece a se separar e o porco a coller cor.
  4. Quence a lume medio-alto o resto do aceite e bota con coidado os restos sólidos do pure.
  5. Cociña até que o aceite comece de novo a se separar.
  6. Engade a cúrcuma, remexe e engade ao porco. Mestura ben, corrixe de sal e xa estará listo.

Acompaña con arroz ao vapor e una salada de cebola e herbas fresca sen aceite.