Fondue: fácil e resultona
Porcallada gourmet: un bolo de pan recheo dunha pasta de queixo que impresiona á primeira. Parece sofisticada, pero non o é. O que importa é aparentar.
Ingredientes
- Un bolo de pan de medio kilo (ou 3-4 pequenos)
- Un bote de maionesa de ≈ 450 ml
- 500 g de queixo ralado. Explico máis abaixo que queixo usar.
- Media cebola picada fina
- Unha cullerada de mollo Perrins
- Aceite, sal e pementa
- Corta a parte de arriba do pan, baleira con coidado e garda o miolo e a tapa.
- Refoga suavemente a cebola até que fique lixeiramente dourada.
- Mestura a maionesa, o queixo, a cebola, o mollo Perríns e remexe a lume baixo até obter uma masa.
- Tempera con sal e pementa ao gusto.
- Rechea o pan coa mesa e mete no forno a 180º durante 20-30 minutos.
O bolo estará listo cando estea crocante. Cómese collendo anacos de pan e mollando na pasta de queixo. Co miolo podes facer cubos e torralos no forno ao mesmo tempo que o pan.
Escolle un queixo do que gostes, pero funciona moi ben con queixos intensos: pecorino, cheddar curado, zamorano, parmesano… Podes mesturar con queixos máis suaves.