Unha receita da Mariña case perdida, pero un dos almorzos favoritos dos meus fillos. Facémonos fortes na aldea gala.

Ingredientes para 2 rapaces con apetito

  • 3 ovos
  • 3 culleradas grandes de fariña
  • 3/4 cunca de leite
  • manteiga
  • liscos ao gusto
  • sal
  1. Bate os ovos e a fariña até obter unha masa homoxénea.
  2. Engade o leite e un chisco de sal e mestura ben. Deberá quedar co aspecto dun amoado de filloas mesto.
  3. Deixa repousar uns minutos.
  4. Se usas liscos, pon nunha pota de aceiro a lume medio-baixo até os dourar. Reserva.
  5. Engade un pouco de manteiga, se ves que o touciño non soltou moita graxa.
  6. Baixa o lume e engade o amoado. Deixao callar un pouco.
  7. Cunha espátula de aceiro ou, mellor aínda, cunha rasqueta de padaría, comeza a partir a masa en anacos cada vez máis pequenos —sen apagar o lume—. Isto pode levar uns 10-15 minutos.
  8. Cando obteñas anacos do tamaño axeitado (xulga ti), bota os liscos sobre os faragullos, remexe e serve.

Na miña casa tómanse con azucre, pero disque hai xente que os toma con mel.